archive-title
All posts by nauticocastrelo
AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que os simplemente curiosos pasen uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo […]
O pasado Xoves 25 de Febreiro puidemos contar coa visita do programa gastronómico “Cousas de comer”, de Telemiño, no Parque Náutico de Castrelo. Trala súa emisión o 2 de Marzo, hoxe deixámosvos por aquí o enlace para que o poidades ver todos aqueles que o perdestes. Ademáis, amosámosvos un par de imaxes tomadas durante o día […]
Chega o día dos namorados e que mellor plan que celebralo cun bo xantar ou cea. No Parque Náutico de Castrelo deseñamos un menú especial para esta fin de semana e ambientaremos as mesas e a sala con motivos románticos e algúnha outra sorpresa. Menú dispoñible o sábado 13 en horario de xantar e cea […]
Se aínda non dedidiches onde comer co teu grupo de amigos, os teus compañeiros da empresa ou a túa familia, este Nadal ofrecémosche diferentes menús para que escollas o que máis vos gusta.
O mes de decembro arrancou cunha fría pero intensa xornada no Parque Náutico de Castrelo. Acollemos a presentación de a “Vuelta Ciclista a España” facéndose público que a primeira etapa unirá o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño nunha contrareloxio por equipos.
O pasado Xoves 5 de Novembro asistimos á presentación do novo material promocional na web da Ruta do Viño do Ribeiro, presidida pola directora da Axencia de Turismo de Galicia.
Dende o Parque Náutico de Castrelo queremos despedir este fantástico verán facendo algo especial!! Participade nun sorteo dunha viaxe en catamarán polo embalse de Castrelo para 8 persoas con degustación de viños a bordo incluída!
O pasado Domingo 16 de Agosto, Castrelo de Miño despediu as súas festas coa tradicional procesión fluvial en honra a San Roque e á Virxe da Asunción.
Dende o Náutico de Castrelo, queremos convidarvos a disfrutar con nós do Ribeiro Blues Winfestival os vindeiros 7 e 8 de Agosto no ambiente relaxado e familiar do Parque Náutico de Castrelo.
Este xoves 30 de Xullo á tardiña difrutaremos do concerto de “Chamuyo Tango” Voz e piano interpretando tango clásico mentres contemplamos a posta de sol dende a terraza do Parque Náutico.