O vindeiro Venres 8 de Abril a partires das 20.30 teremos a sorte de contar no Parque Náutico de Castrelo co Soar das Apóutegas, formado por Juan Manuel Vázquez e Rafa Lobelle.
Juan Manuel Vázquez é, probablemente, un dos máis claros exemplos do refrán “aprendiz de moito, mestre de nada”. Música (guitarra clásica, instrumentos de corda pulsada antiga, música popular urbana -folk, rock e metal extremo-), poesía, pintura, fotografía, matemáticas, astronomía…, e, ultimamente, organizador de eventos varios, valerían para resumir un bo feixe de estudios realizados en varias disciplinas e con moitos e moi diversos mestres e profesores, proxectos musicais (con unha morea de gravacións e concertos nas súas costas) e non musicais desenvolvidos. E, por suposto, orgulloso profesor de Música en Secundaria no I.E.S. Lama das Quendas en Chantada.
Rafa Lobelle é profesor e poeta. Nado nas Veigas de Viana, pola banda de Chantada, medrou no berce do Faro e do Miño, entre a montaña e o mar. Ten recibido algúns premios literarios polo país adiante. Co libro “Andar ás apóutegas”, deuse a coñecer, mentres, segue á procura doutras letras que compartir.
Ademáis poderedes desfrutar do noso menú especial por soamente 12 euros, co que degustaredes:
- Hummus con pan de pita
- Flauta vexetal de polo
- Falagel á Galega: garavanzos, faba negra e cenoira con salsa grega
- Tosta de lacón, dátiles e queixo
- Anacos de laranza galega bañados en chocolate
(Inclúe auga, copa de viño, refresco ou cerveza básica)
Estarémosvos esperando no Parque Náutico de Castrelo!