Astronomía a ollo espido
(Case) Todos os Martes de Agosto (agás o día 16), a partir das 21:30 poderedes disfrutar do noso evento “Astronomía a ollo espido”: un repaso das constelacións de verán e a mitoloxía asociada a elas, ademáis de outras curiosidades relacionadas coa ciencia… todo elo empregando únicamente os nosos ollos.
Se vos animades a achegarvos a unha das nosas sesións, recomendámosvos roupa de abrigo e toalla de praia ou tumbona. O Concello de Castrelo de Miño colaborará co apagado do alumeado do Parque Náutico. Aproveitade esta ocasión pra aprender un poco máis de astronomía, a ollo espido e de balde!
Astronomía solar
(Case) Todos os Mércores de Agosto (agás o día 3), poderedes disfrutar do noso evento “Astronomía solar”: un actividade de observación do Sol cun telescopio específico con filtro H-Alfa, que nos permitirá ollar de xeito seguro as prominencias, manchas, filamentos e coroa solar.
Colabora AstroVigo, e poderdes participar de xeito gratuito nas sesións con horario de 13.00 a 15.00 todos os Mércores de Agosto. Aproveitade esta ocasión para aprender máis da astronomía solar!
Cea con Lúa de Verán
Os días 9 e 10 de Agosto ás 21.30 daremos comezo á Cea con Lúa de Verán, cun menú especial, algo de divulgación científica e observación con telescopio da Lúa, Xúpiter, Saturno… Será imprescindible reservar, e recomendámosvos que non olvidedes traer algo de abrigo. O prezo deste evento serán 20€ por persoa. Colabora AstroVigo.
Festa das Perseidas
O 11 de Agosto a partir das 22.00 celebraremos unha cea baixo as estrelas con observación da chuvia de meteoros. Será imprescindible reservar, e recomendamos roupa de abrigo e toalla de praia ou tumbona. O prezo deste evento serán 20€ por persoa.
Todas estas actividades contarán co guiado e explicación científicas a nivel divulgación por un físico e astrónomo experto. Achegádevos a compartir con nos une eventos cargados de astronomía e gastronomía no Náutico de Castrelo! Contactade para máis información en: