Sábado 24 de octubro
- 10:30 h - 11:00 h: Introducción ó mundo da micoloxía (Albergue Municipal de Castrelo de Miño, Parque Náutico)
- 11:00 h - Saída técnica á procura de cogumelos
- 12:30 h: Identificación de exemplares
- 17:00 h: Showcooking micolóxico
Domingo 25 de octubro
O domingo no Parque Náutico de Castrelo de Miño darase continuación ás V Xornadas Micolóxicas de Castrelo de Miño.
Durante a Feira haberá identificación e clasificación de cogumelos e a partires das 12 unha demostración culinaria e degustación deles. Estades todas e todos convidados.
E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:
- Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)
- 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.
- Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.