Despois dun longo proceso de xestións administrativas xa está en marcha o proxecto do novo Parque Náutico de Castrelo de Miño. A entrega das chaves por parte do concello é un hito importante no traballo de creación dun novo modelo de negocio para unhas instalacións emblemáticas.
Estamos últimando os detalles do proxecto para poder iniciar as obras no edificio do Parque Náutico de inmediato. Dotaremos a Castrelo dun equipamento moderno, acolledor e polivalente aos servizo dos veciños e visitantes. Alén das instalacións de cafetería, restaurante, viñoteca e sala de reunións tamén ofertaremos multitude de actividades culturais, deportivas e de ocio.
O Parque Náutico de Castrelo tamén aspira a convertirse nun referente do enoturismo na comarca habilitando un espazo onde coñecer, degustar e mercar unha selección dos mellores viños do Ribeiro.
Neste blog contaremos paso a paso os detalles das obras así como os traballos que conducirán á apertura das instalacións antes da semana santa. Ofertas de emprego, avance das obras, información sobre proveedores ou actividades serán comentadas e compartidas coas persoas interesadas na recuperación deste emblemático lugar no corazón do Ribeiro.