O mes de decembro arrancou cunha fría pero intensa xornada no Parque Náutico de Castrelo. Acollemos a presentación de a “Vuelta Ciclista a España” facéndose público que a primeira etapa unirá o Balneario de Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño nunha contrareloxio por equipos.
Esto será o próximo 20 de agosto no que arrancará unha “Vuelta” con protagonismo da provincia de Ourense, que será punto de chegada ou saída de outras tres etapas.
Unha gran noticia tanto polo importante volume de visitantes que agardamos reciban as nosas instalacións como pola promoción do Parque Náutico e do conxunto do Ribeiro.

Asistiron o Presidente da Diputación de Ourense, a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e o Director de La Vuelta. Estiveron acompañado polos alcaldes de Castrelo de Miño, Arnoia, Cenlle, Ourense, Nogueira de Ramuín e Maceda.
A representación deportiva estivo a cargo de Pablo Rodriguez Guede, Campión de Europa Sub23 de BTT e un claro aspirante a participar no próximos Xogos Olímpico en Río de Janeiro.

Pola nosa parte foi un pracer ser testigos deste evento e compartir un momento tan importante cos organizadores, coas autoridades e os medios de comunicación.